Dimensións da bandeira:
A bandeira de Galicia terá unha lonxitude igual a tres medios do seu largo e a largura da banda será igual que a cuarta parte do largo da bandeira.
Posición do escudo:
Nas bandeiras, o escudo colocarase no centro e a súa altura será igual que a metade de largo da bandeira.
As cores da bandeira e do escudo de Galicia:
Son cores que están especificadas segundo a norma UNE 72-032, equivalente á internacional CIELAB.
Para todas estas cores rexerá unha tolerancia de dez unidades de diferenza de cor, segundo o sistema UNE 72-036, equivalente tamén á correspondente norma CIELAB.