saltar ao contido

Entregan ao Parlamento de Galicia o primeiro libro que aborda en España a sumisión química e agresións sexuais no lecer nocturno

17/04/2023

 

 

  • O presidente do Parlamento, acompañado por deputadas dos tres grupos da Cámara, recibiu esta mañá aos coordinadores da obra, os profesores Antonio Rial e Manuel Isorna

 

 

Santiago, 17 de abril de 2023.- Os profesores Antonio Rial Boubeta (Universidade de Santiago) e Manuel Isorna Folgar (Universidade de Vigo) presentaron esta mañá ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, e a cadansúa representante dos tres grupos da Cámara galega, o primeiro libro que aborda en España a sumisión química e as agresións sexuais no lecer nocturno, con rigor e desde unha óptica multidisciplinar.

 

O libro titúlase “Sumisión química y usos de sustancias psicoactivas en las agresiones sexuales. Prevención, detección e intervención de un problema multidisciplicar" e foi coordinado polos profesores Rial Boubeta e Isorna Folgar, xunto co catedrático de Dereito Penal José Ramón Agustina, da Universitat Abat Oliba CEU, de Barcelona.

 

No volume participan algúns dos mellores expertos de toda España, entre eles algúns galegos máis, como os profesores Manuel López Rivadulla e Ana Bermejo, catedráticos de Toxicoloxía da USC, ou Angelines Cruz Landeira, catedrática do Instituto de Ciencias Forenses.

 

Na reunión desta mañá, o presidente do Parlamento estivo acompañado por Noelia Pérez (deputada do PPdeG), Iria Carreira (deputada do BNG) e Begoña Rodríguez (portavoz suplente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia).

 

A presentación pública do libro celébrase este mediodía na sede compostelana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina