saltar ao contido

O presidente do Parlamento recibe ao cardeal Porras, arcebispo de Mérida e administrador apostólico de Caracas (Venezuela)

Visita 20/10/2022

Santiago, 20 de outubro de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara ao cardeal Baltazar Porras, arcebispo de Mérida e administrador apostólico de Caracas (Venezuela).
 
O cardeal viaxou a Galicia para participar, onte mércores, na catedral de Santiago, na cerimonia de entronización da reliquia do beato venezolano José Gregorio Hernández, tamén coñecido como o “médico dos pobres”.
 
Durante o encontro co cardeal Porras, o presidente do Parlamento de Galicia interesouse pola situación de Venezuela, en xeral, e da colonia galega asentada naquel país, en particular. Tamén lle trasladou a súa  satisfacción pola capacidade de integración do colectivo de persoas orixinarias de Venezuela que están asentadas en Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina