Santiago, 21 de xuño de 2021.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reuniuse esta tarde co novo cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, Ramiro Rodríguez Bausero, logo da súa incorporación a este destino, con sede en Santiago de Compostela.
No transcurso da entrevista, Santalices fixo referencia aos vínculos fraternais que unen a Galicia e a República Oriental do Uruguai, articulados, fundamentalmente, a través dos movementos migratorios entre as dúas beiras do Atlántico e recordou que a Medalla do Parlamento de Galicia de 2019 foi outorgada á emigración galega no seu conxunto, como sinal de recoñecemento a esa epopea.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.