Santiago, 25 de xaneiro de 2021.- Esta mañá o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, acudiu ao acto de toma de posesión dos membros electosdo Consello Consultivo de Galicia, celebrado no compostelán Pazo de Amarante. Á cita tamén asistiron o xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do propio Consello Consultivo, José Luís Costa Pillado.
No encontro, conducido polo secretario xeral do Consello, José Ángel Oreiro Romar, xuraron ou prometeron cargo José Luís Costa Pillado, Ignacio de Loyola Aranguren Pérez, Alberte Souto Souto e Nora María Martínez Yáñez. O acto fechou coas intervencións do presidente do órgano consultivo e do presidente da Xunta de Galicia.