Santiago, 26 de setembro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta mañá en Santiago no acto organizado con motivo do Día Europeo das Linguas, no transcurso do cal deu lectura ao Romance de Don Gaiferos.
Este romance popular glosa a peregrinación a Santiago de Guillerme X de Poitou, Duque de Aquitania e Conde de Vienne, falecido –segundo a tradición- ante o altar maior da basílica compostelana o venres santo de 1137, nos derradeiros anos do Arcebispo Xelmírez. A peza foi musicada por Faustino Santalices.
A conmemoración institucional do Día Europeo das Linguas, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística xa Xunta, tivo lugar nos soportais do Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela. A pegada xacobea do entorno no que se celebrou o acto foi a razón que animou a Santalices Vieira a elixir o Romance de Don Gaiferos para a súa lectura.
O Día Europeo das Linguas celébrase por iniciativa do Consello de Europa desde 2001 e busca poñer en valor a diversidade lingüística da UE e promover a aprendizaxe de idiomas.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.