Santiago, 25 de setembro de 2019.- O embaixador de Alemania en España, Wolfgang Dold, efectuou este mediodía unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que o convidou a asinar no libro de ouro da institución.
Na entrevista, Santalices interesouse polas relacións económicas entre Galicia e Alemania e recordou a importancia da colonia galega asentada neste pais europeo.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.