saltar ao contido

Santalices reivindica a vixencia da Constitución no acto institucional do Día da Policía

Acto 02/10/2018


• Participou en Santiago nos actos organizados con motivo desta celebración, na que agradeceu  o labor da Policía Nacional e das restantes forzas e corpos de seguridade

Santiago, 2 de outubro de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, agradeceu, no acto institucional celebrado este mediodía no Auditorio de Galicia, en Santiago, co gallo da celebración do Día da Policía, o traballo dos corpos de seguridade “fronte aos irresponsables que sistematicamente se empeñan en vulnerar a lei”.
Ao fío da celebración do 40 aniversario da vixente Constitución española, Santalices reivindicou a vixencia e o resultado da Carta Magna, á que atribuíu  a “harmonía” social e o “crecemento económico” rexistrado nas últimas décadas, ademais de destacar o sistema de “liberdades e dereitos” consagrados no texto.
Santalices felicitou aos axentes condecorados no acto, ao tempo que apuntou que nunha sociedade individualista como a actual, o labor da Policía destaca como exemplo de solidariedade e servizo aos demais, entre os que se referiu ao labor no ámbito da violencia machista e a protección das perdoas máis vulnerables, entre outros cometidos. 
Os actos de celebración do Día da Policía comezaron cunha cerimonia relixiosa na Catedral de Santiago.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina