Santiago, 11 de maio de 2018.- Os gañadores e gañadoras dar modalidade de redacción do “V Premio Estatuto de Autonomía para Galicia”, convocado pola Deputación de Ourense, visitaron esta tarde o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
Durante o encontro, o presidente do Parlamento explicou as competencias e funcionamento da institución e respondeu as preguntas formuladas polo estudantado, que tamén tivo ocasión de participar nunha visita guiada ao Pazo do Hórreo.
Os gañadores na modalidade de redacción deste concurso reciben como galardón un diploma, un lote de libros e unha viaxe a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia e realizar outras actividades culturais. Participaron na visita ao Parlamento de Galicia os seguintes centros educativos: Colexio Divina Pastora Franciscanas, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón; Colexio Carmelitas-Vedruna; e Colexio Padre Feijóo-Zorelle.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.