saltar ao contido

O presidente do Parlamento expresa o seu recoñecemento polo “traballo encomiable” do Consello da Cultura Galega

Visita institucional 07/05/2018

 

Santiago, 7 de maio de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado pola vicepresidenta segunda e a vicesecretaria da Mesa da Cámara, efectuou este mediodía unha visita institucional ao Consello da Cultura Galega, onde expresou o seu recoñecemento polo “traballo encomiable” que esta institucion vén desenvolvendo na defensa e promoción da
cultura galega ao longo dos seus 35 anos de historia.
 
O presidente da Cámara Lexislativa agradeceu tamén o espírito de “colaboración institucional” que o Parlamento de Galicia atopou sempre no Consello da Cultura Galega, especialmente no ámbito da promoción cultural e os vínculos coa lusofonía.
 
A visita do presidente e integrantes da Mesa do Parlamento ao Consello da Cultura Galega enmárcase na aposta de apertura do Parlamento impulsada por Santalices Vieira desde a Presidencia do Lexislativo. A de hoxe súmase ás visitas xa efectuadas a institucións como o Valedor do Pobo, o Consello de Contas ou o Museo do Pobo Galego.

 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina