Santiago, 28 de marzo de 2017.- O presidente da Organización Médica Colexial (OMC) de España, Serafín Romero Agüit, acompañado por membros da Comisión Permanente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos de España e polo presidente do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, Luciano Vidán, visitou este mediodía o Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo titular da institución, Miguel Ángel Santalices Vieira.
No encontro, o presidente do Parlamento de Galicia interesouse polas diferentes liñas de traballo que está a desenvolver a Organización Médica Colexial e explicou que a Sanidade presenta un notable protagonismo na actividade da Cámara galega.
A entrevista co presidente do Parlamento de Galicia enmárcase na axenda de traballo que o responsable da OMC desenvolve hoxe respondendo a unha invitación formulada polo Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña.