saltar ao contido

O presidente do Parlamento recibe aos responsables da Asociación Isabel Zendal

Visita 30/01/2017

Santiago, 30 de xaneiro de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu hoxe á presidenta da Asociación Isabel Zendal, Pilar Farjas Abadía, que acudiu acompañada polo secretario da entidade, Fernando Fernández Barreiro, e polo vocal Antonio López Mariño.
 
Na reunión, o presidente do Parlamento foi informado sobre os obxectivos da Asociación Isabel Zendal, que leva o nome da dunha galega considerada pola OMS como a primeira enfermeira da historia en misión internacional e figura clave na Expedición filantrópica da vacina que zarpou da Coruña en 1803 para inmunizar contra variola nos territorios españois de ultramar.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina