saltar ao contido

Os presidentes do Parlamento e da Real Academia Galega analizan posibles proxectos de colaboración entre as dúas institucións

Reunión 07/03/2016

Santiago, 7 de marzo de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e mailo titular da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo na que analizaron posibles iniciativas de colaboración entre as dúas institucións, logo do éxito acadado pola mostra 51 páxinas das nosas letras, organizada coincidindo co 50 aniversario do primeiro Día das Letras Galegas.
 
A mostra itinerante 51 páxinas das nosas letras está integrada polas Medallas das Letras Galegas –obras de Siro López e Manuel Ferreiro Badía e pertencentes á colección de arte da Cámara galega–, un vídeo sobre a historia do Día das Letras Galegas elaborado pola Xunta e textos divulgativos sobre os autores homenaxeados, elaborados por académicos da RAG.
 
A mostra foi inaugurada inicialmente no Parlamento de Galicia o 2 de decembro de 2013, para logo iniciar un percorrido que a levou a 17 localidades das catro provincias galegas, así como a Madrid, Barcelona, Bruxelas, Buenos Aires e Montevideo.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina