saltar ao contido

Santalices destaca a predisposición absoluta do Parlamento para mellorar a vida dos máis vulnerables

08/11/2024

 

 

 


 

  • Participou no acto benéfico organizado polo Centro Juan María-Asociación La Esperanza do Val Miñor

 

  • Lembrou a xenerosidade e o compromiso dos profesionais e voluntarios desprazados ás poboacións afectadas pola DANA

 

Santiago, 7 de novembro de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou hoxe, a predisposición absoluta da Cámara galega para contribuír a mellorar a vida dos máis vulnerables. Durante a súa intervención no acto benéfico organizado polo Centro Juan María- Asociación La Esperanza do Val Miñor, expresou o seu compromiso persoal e o do propio Lexislativo  para manter unha “escoita permanente" cara a canalizar todas as propostas de entidades e organizacións dirixidas a reforzar as posibilidades de integración das persoas con discapacidade.

 

Santalices defendeu que é unha obriga de todas as administracións públicas implicarse e poñerse á fronte das estratexias encamiñadas a facer medrar o sistema de garantías e dereitos que protexe ás persoas con discapacidade física ou intelectual.

 

Xenerosidade

 

O xefe do Lexislativo aproveitou para expresar o seu recoñecemento e admiración a todos os profesionais e voluntarios que seguen a traballar para que se poida recuperar canto antes a normalidade nas poboacións afectadas pola DANA. Gabou a súa xenerosidade e compromiso para mobilizarse e axudar ás familias afectadas polos tráxicos sucesos rexistrados na pasada semana.

 

Saúdos. Gabinete de Comunicación​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina