• A xornada, desenvolvida esta mañá, emárcase na aposta de Pilar Rojo por abrir as portas da Cámara e mellorar a comprensibilidade dos trámites e debates parlamentarios
Santiago, 30 de xaneiro de 2012.- Arredor de medio cento de persoas participaron esta mañá no Parlamento de Galicia nunha Xornada de formación sobre técnica parlamentaria para xornalistas, orientada aos informadores que cubren a actividade do Lexislativo autonómico, pero tamén aberta a outros profesionais interesados nesta materia.
A xornada foi impartida polo letrado oficial maior do Parlamento de Galicia, Xosé Antonio Sarmiento Méndez, que disertou sobre técnica lexislativa, e por Carmen Moreiras, documentalista da Cámara galega, que explicou as diferentes posibilidades que ofrece a web da institución para acceder a documentos, expedientes e videos relacionados coa actividade do lexislativo autonómico e que poden resultar de interese para o traballo cotiá dos xornalistas.
As dúas intervencións foron seguidas dunha quenda de preguntas, na que os asistentes pudieron aclarar dúbidas relacionadas co día a día do Parlamento de Galicia.
Esta actividade formativa enmárcase na aposta da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, por abrir as portas da institución e mellorar a comprensibilidade dos trámites e debates que se desenvolven no Pazo do Hórreo.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia