Santiago, 5 de xaneiro de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, lamenta o falecemento do intelectual e galeguista Isaac Díaz Pardo, ao que considera unha figura insigne para entender a cultura galega no século XX.
En opinión de Rojo Noguera, os diferentes proxectos culturais e empresariais emprendidos por Díaz Pardo acreditan o compromiso do intelectual falecido hoxe coa súa terra e a súa xente.
A presidenta do lexislativo autonómico destaca tamén a traxectoria artística do falecido e recorda que o Salón de Plenos do Parlamento de Galicia conta cunha vidrieira da que é autor Díaz Pardo.