A Xuntanza foi convocada pola presidenta do Parlamento de Galicia e da COPREPA, Pilar Rojo, e celebrarase na Casa de Galicia en Madrid
Santiago 31 de agosto de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia e da COPREPA (Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos), Pilar Rojo, convocou para o vindeiro luns, unha reunión de todos os presidentes de parlamentos autonómicos.
Será a primeira reunión deste tipo que se celebre despois da renovación de boa parte dos parlamentos autonómicos, logo das Eleccións celebradas o pasado 22 de maio.
A xuntanza celebrarase nas dependencias da Casa de Galicia
en Madrid.