saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª. , Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 7 de xuño de 2024

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 7 de xuño de 2024, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 1846 (12/PNC-000224)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pérez Fernández, Rosana e dous deputados/as máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para afrontar os danos ambientais derivados da actividade da mina de San Fins, en Lousame

BOPG nº 16f2, do 24.04.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

 

1. Continuar, tras a revogación da autorización de vertedura, coa tramitación do expediente de caducidade en relación coas concesións de explotación que forman o coñecido como Grupo Mineiro San Finx, no concello de Lousame (A Coruña) dun xeito rigoroso e garantista a fin de protexer os intereses xerais e da Administración.

 

2. Requirir a empresa concesionaria para que execute o proxecto de restauración do dominio público hidráulico, incluíndo a retirada dos residuos mineiros acumulados nas dúas presas e a restauración ambiental do leito degradado e da contorna das instalacións mineiras, unha vez cumpridos con todos os trámites previstos legalmente, nomeadamente o procedemento de avaliación de impacto ambiental a que está sometido o proxecto.

 

3. Proceder á execución do aval depositado polo titular da explotación no caso de que non cumpra co requirido e acometer, con cargo a ese aval, as medidas de execución subsidiaria que sexan precisas para manter a explotación en condicións de seguridade, incluída a ambiental.

 

4. No caso de que non se puideran acometer todas as actuacións para manter a explotación en condicións de seguridade, incluída a ambiental, e no caso de que o aval depositado polo titular da explotación fose insuficiente, requirir a empresa concesionaria os fondos precisos a través de todas as vías das que dispón a Administración »​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina