saltar ao contido

Acordos acadados na Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 15 de novembro de 2023

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 15 de novembro de 2023, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 50415 (11/PNC-004299)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis

Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Ministerio de Cultura e Deporte para que axilice os traballos de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense

BOPG n.º 461, do 01.03.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar o Ministerio de Cultura y Deporte que:

1. Realice as accións oportunas para axilizar os traballos de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense.

2. Informe con claridade dos novos prazos estimados".

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 61019 (11/PNC-005105)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Otero Lago, Noelia e 3 máis

Sobre a demanda á Xunta de Galicia dunha reforma integral das instalacións do CEIP Francisco Vales Villamarín, de Betanzos

BOPG n.º 581, do 18.10.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a poñer en marcha de inmediato todos os trámites para realizar o antes posible as obras de reforma integral que precisa o CEIP Francisco Vales Villamarín en Betanzos".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina