A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 11 de xullo de 2023, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 54121 (11/PNC-004650)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a defensa da pesca profesional galega ante a presentación do Proxecto de real decreto polo que se aproban as estratexias mariñas de segundo ciclo, que pretende aumentar as zonas de protección de hábitats mariños
BOPG n.º 506, do 14.06.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que as medidas propostas no proxecto de Real Decreto polo que se aproban as Estratexias Mariñas de segundo ciclo e, no que se recolle a creación do espazo denominado "Corredor migratorio galaico-cantábrico occidental" non afecten ou alteren as condición que regulan a pesca profesional galega no seu conxunto, tanto no presente coma no futuro."