saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 7 de xullo de 2023

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 7 de xullo de 2023, adoptou o seguinte acordo:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 50674 (11/PNC-004327)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para incrementar a partida orzamentaria de subvencións dirixida a festivais do sector audiovisual

BOPG n.º 465, do 08.03.2023

 

Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a:

 

1.- Procurar, en función da dispoñibilidade de fondos, incrementar o importe das axudas aos festivais do sector audiovisual, tal e como vén realizando nos últimos anos a Xunta de Galicia.

 

2.- Continuar realizando estudos de impacto no ámbito cultural, tal e como se fixo no caso de festivais de música ou rodaxes, dando prioridade agora aos festivais de cinema e audiovisual e sempre de acordo coa Asociación Proxecta."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina