saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 21 de novembro de 2022 (debate totalidade orzamentos)

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de novembro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de novembro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto único. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais  da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (doc. núm. 42693, 11/PL-000018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 398, do 20.10.2022
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 409, do 14.11.2022
 
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 42694, 11/PL-000019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 398, do 20.10.2022
 Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 409, do 14.11.2022
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2022
 
Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina