saltar ao contido

Acordo da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 25 de outubro de 2022

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 25 de outubro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 36448 (11/PNC-003371)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para dotar O Courel dos servizos de telefonía e internet con calidade e a un custo asumible
BOPG n.º 341, do 06.07.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1) Manter un papel proactivo solicitando ao goberno do estado, de conformidade cos obxectivos da Unión Europea, medidas para que as vivendas do rural galego, tamén as do Caurel, sexan dotadas dun servizo de telefonía fixa e internet de calidade.
 
2) Defender un custo do servizo asumible para que as familias do rural se poidan beneficiar da conectividade en igualdade de condición que as das zonas urbanas.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina