saltar ao contido

O Parlamento de Galicia elixe novos membros do Consello de Contas e do Consello de Administración da CRTVG

Santiago, 12 de xullo de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia procedeu, na mañá deste martes, á elección das persoas que cubrirán as vacantes rexistradas no Consello de Contas e no Consello de Administración da Corporación Radio e Televisión de Galicia.
 
Para o Consello de Contas, o Pleno da Cámara reelixiu conselleiros a Constantino Carreiras Souto e Simón Rego Vilar, logo de caducar o seu anterior mandato. Previamente, o pasado 1 de xullo, compareceron na Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas.
 
O Pleno do Parlamento de Galicia tamén elixiu a Margarita López Blanco e a Álvaro Alonso Filgueira, propostos polo Grupo Parlamentario Popular para cubrir dúas vacantes, por renuncia, rexistradas no Consello de Administración da CRTVG. Neste caso, compareceron ante a Comisión permanente non lexislativa de control  da CRTVG.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina