A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 20 de abril de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 31659 (11/PNC-002837)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego respecto da exixencia de mellora no servizo á empresa subministradora de enerxía eléctrica na parroquia de Suevos, en Arteixo
BOPG n.º 292, do 16.03.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que esixa á empresa subministradora de enerxía no Concello de Arteixo o cumprimento das obrigas de seguridade e mantemento da rede, garanta unha conservación axeitada da infraestrutura eléctrica e realice as melloras necesarias para que deixen de se produciren os apagamentos continuos que sofre a súa cidadanía."