saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 8 de marzo de 2022


 
2.1 31274 (11/MOC-000085)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto do uso problemático da internet e das redes sociais por menores e adolescentes (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 25300, publicada no BOPG núm. 236, do 1 de decembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 22 de febreiro de 2022)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a elaborar un programa de medidas, orzamentado con fondos propios, coa finalidade de dar unha resposta efectiva ao uso problemático da Internet e das redes sociais por menores e adolescentes e que responda necesariamente aos seguintes criterios:
 
1. Carácter integral/tranversal (que inclúa accións, no ámbito das competencias autonómicas,  coordinadas nos diferentes ámbitos: educativo, sanitario, social,…)
 
2. Comunitario, consensuado: incorporará as achegas que poidan realizar diferentes institucións, expertos na materia e axentes sociais ao respecto.
 
3. Permitirá actualizar a carteira de servizos en materia de prevención de adicións, no marco do proceso de elaboración dunha nova Lei de prevención de adicións en persoas menores de idade en Galicia, incorporando intervencións específicas sobre o uso axeitado de dispositivos e tecnoloxías dixitais.
 
4. Dará máxima prioridade á prevención como mellor ferramenta para conseguir que os adolescentes fagan un uso responsable das novas tecnoloxías, aproveitando as súas potencialidades e evitando os riscos asociados ao seu uso”. 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina