saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª., Pesca e Marisqueo, celebrada o 3 de marzo de 2022

A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 3 de marzo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 25906 (11/PNC-002433)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno central para que leve a cabo plans de soporte económico e social ao sector pesqueiro e ás zonas máis afectadas polo acordo entre a Unión Europea e o Reino Unido
BOPG n.º 243, do 17.12.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno da Xunta a:
 
1.- Demandar do Goberno español:
 
- Uns criterios de reparto para as compensacións do BAR nos que se teñan en conta  preferentemente a  aqueles  territorios  do Estado afectados  polo  brexit  máis dependentes da pesca, o impacto nos sectores económicos relacionados coa mesma e o conxunto das augas británicas nas que faenan.
 
- A xestión dos fondos pesqueiros que se deriven da Reserva de Axuste Brexit  por parte da propia Xunta, no caso de Galiza.
 
2.- Programar e levar a cabo plans de soporte económico e social ao sector pesqueiro e ás zonas máis afectadas do noso país polo acordo entre a UE e o Reino Unido que palíen as consecuencias do mesmo.”

- 30050 (11/PNC-002691)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de simplificación dos procesos formativos e homologación das titulacións do sector pesqueiro
BOPG n.º 277, do 16.02.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para que coordine con todas as comunidades autónomas a simplificación dos procesos formativos e a homologación de titulacións do sector pesqueiro."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina