saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 21 de outubro de 2021


A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 21 de outubro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 16411 (11/PNC-001659)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reactivar determinadas unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural servizos gratuítos, como o de oftalmoloxía, podoloxía ou atención ao Alzheimer, sanitarios e de apoio
BOPG n.º 147, do 02.06.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reactivar, a medida que se normalice a situación sanitaria, as unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural galego, servizos gratuítos como o de oftalmoloxía, podoloxía ou atención ao alzhéimer, e servizos de apoio, co fin de facerlles a vida máis doada sen ter que desprazarse fóra da contorna”.
 
- 17943 (11/PNC-001835)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co obxecto de aproveitar o proxecto de novo edificio ambulatorio do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para renovar e ampliar os espazos asociativos do hospital
BOPG n.º 169, do 13.07.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a aproveitar o proxecto de novo edificio ambulatorio do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para renovar e ampliar os espazos asociativos do hospital, incluíndo no proxecto deste novo edificio espazos de uso común para as actividades das asociacións de pacientes”.

- 21463 (11/PNC-002030)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 3 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para garantir a atención sanitaria no concello de Castro de Rei e no Centro de Saúde de Castro de Ribeiras de Lea
BOPG n.º 202, do 22.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que:
 
- Garanta a carteira de servizos sanitarios no centro de saúde de Castro Riberas de Lea para toda a poboación, así como as condicións laborais do persoal e a correcta atención sanitaria á poboación, así como as condicións laborais do persoal e a correcta atención sanitaria á poboación.
- Posibilite que as persoas con patoloxías crónicas teñan a atención precisa para as súas doenzas, entre elas a receita periódica, de modo que non teñan problemas coa súa farmacia.
- Permita así mesmo que as persoas con COVID se sintan acompañadas xunto coas súas familias, dende o punto de vista médico, humano e psicolóxico.

-Restaure e manteña a atención sanitaria completa no concello de Castro de Rei e por suposto no Centro de Saúde de Castro Riberas de Lea".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina