saltar ao contido

Convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia prevista para o 25 de agosto de 2021

A Presidencia, á vista da solicitude formulada polas deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 25 de agosto de 2021, ás 12.00 horas, coa seguinte orde do día:

- Punto único: Solicitude das deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de celebración urxente dunha reunión da Deputación Permanente para que se proceda á convocatoria dun Pleno extraordinario que contemple na orde do día a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia para informar sobre os autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que invalidan a orde da Xunta de Galicia que obriga á presentación dos certificados covid para acceder aos establecementos de hostalaría (doc. núm. 20001; 11/SCDP-000006).
 
Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2021
 
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina