saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 11 de xuño de 2021

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 11 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 13885 (11/PNC-001413)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto para as explotacións galegas da converxencia interna nas rexións de pago básico da Política Agraria Común, así como coas decisións adoptadas sobre as axudas do primeiro piar da PAC para o novo período
BOPG n.º 123, do 13.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que con carácter previo ao peche das negociacións e co fin de garantir una maior transparencia no procedemento, demande ao Goberno central que traslade á Xunta de Galicia todos os datos necesarios para poder determinar a afectación dos agricultores e gandeiros galegos do modelo que se propón polo MAPA, en especial os datos sobre a delimitación, as superficies e os importes da axuda básica nas novas rexións PAC, en particular daquelas nas que estarían as explotacións galegas.
 
Así mesmo, e una vez se dispoña dos datos solicitados ao Goberno central, realizarase un estudo sobre a afectación da converxencia interna nas rexións de pago básico da PAC para as explotacións galega.
 
Protexer o modelo de explotación familiar galega no marco de negociación do Plan Estratéxico da nova PAC co fin de que as pequenas e medianas explotacións no acaben sendo castigadas polo modelo de converxencia."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 12865 (11/PNC-001310)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas instalacións dos mercados de gando autorizados como centros de concentración para intercambios intracomunitarios
BOPG n.º 115, do 24.03.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a implantar un programa de actuacións para mellorar, modernizar e adaptar as instalación dos mercados de gando de Galicia autorizados como centros de concentración para intercambios intracomunitarios, con énfase no referente ao benestar animal."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina