saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 3 de xuño de 2021

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 3 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 2420 (11/PNC-000249)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno galego en relación cos servizos e frecuencias de tren suprimidos en Galicia e, en particular, en Ourense, con motivo da pandemia xerada pola covid-19
BOPG n.º 23, do 30.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que:

1.-Restablezca todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia provocada pola COVID-19, tanto no que ten que ver nas conexións interiores na propia Comunidade galega como coas conexións de Galicia con outras Comunidades Autónomas, e que no caso concreto de Ourense se recuperen con carácter urxente as frecuencias do Avant Ourense-A Coruña con saída ás 6:45 h. e o ALVIA (con dous vagóns con código compartido AVANT) que saía ás 15:12 h. de Santiago de Compostela e chegaba a Ourense ás 15:48 ao obxecto de facilitar a mobilidade da cidadanía, a actividade económica e salvagardar o dereito á conciliación da vida laboral e familiar.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina