saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 6 de maio de 2021

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 6 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións

- 11772 (11/PNC-001193)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre o requirimento que debe realizar o Goberno galego ao Concello de Sarria en relación coa execución do proxecto de peonalización e mellora comercial da rúa Diego Pazos
BOPG n.º 105, do 03.03.2021

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insa a Xunta de Galicia a requirirlle ao Concello de Sarria a execución do proxecto de peonalización e mellora comercial da rúa Diego Pazos, segundo o proxecto técnico inicialmente presentado e que conta coa pertinente autorización autonómica, e no que se recolle unha actuación integral na rúa, coa execución de beirarrúas, aparcadoiros e zona de circulación, así coma servizos, iluminación e mobiliario urbano."

 

Aprobación por unanimidade con modificacións

 

- 14268 (11/PNC-001454)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a licitación e execución pola Xunta de Galicia da terceira fase das obras de construción de beirarrúas na travesía de Vilamor, en Cangas de Foz, na estrada LU-162, de Ferreira a Cangas, así como o axeitado mantemento das beirarrúas desa estrada
BOPG n.º 126, do 21.04.2021

Sométese a votación a transacción cunha emenda in voce do G. P. Popular de Galicia e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dar continuidade as obras de mellora da seguridade viaria e peonil na estrada LU-162 que conecta Ferreira do Valadouro con Cangas de Foz (Lugo), en particular, impulsando na maior brevidade o proxecto dirixido á execución de novas beirarrúas no tramo urbano da travesía de Vilamor e a axeitada conservación e mantemento de todos os elementos da vía."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina