saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 4 de maio de 2021

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 4 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 14246 (11/PNC-001451)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da inclusión dos gobernos autonómicos no Acordo para a transición xusta das centrais térmicas en peche, asinado cos sindicatos e as empresas propietarias
BOPG n.º 126, do 21.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para que inclúa aos gobernos das CC.AA. no Acordo para a Transición Xusta, nos que xa se atopan o Goberno Central, os sindicatos e as Empresas”.
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 13981 (11/PNC-001423)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co ERE anunciado na empresa Gabadi na comarca de Ferrol
BOPG n.º 123, do 13.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Reunirse cos representantes do persoal.
 
2.- Promover de inmediato cantas accións resulten necesarias para lograr que GABADI renuncie á aplicación do ERE anunciado."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina