saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 29 de abril de 2021


A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 29 de abril de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 729 (11/PNC-000037)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 13 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España dos cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da covid-19 con plenas garantías e seguridade xurídica
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que acometa, canto antes, os cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da covid-19 con plenas garantías e seguridade xurídica."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 13649 (11/PNC-001384)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo a Consellería de Política Social en relación coa situación dos menores tutelados no centro Santo Anxo, de Rábade
BOPG n.º 121, do 07.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que a Consellería de Política social, programe de inmediato una visita ou reunión co equipo educativo do centro de menores Santo Anxo de Rábade para coñecer a situación e actuar a través de medidas con inmediatez.
 
Así mesmo, o Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Desenvolver un estudo sobre a situación do centro de protección de menores Santo Anxo de Rábade que conte coa participación do persoal do centro, co obxectivo de determinar as eivas, deficiencias e carencias do mesmo así como indicar as mudanzas necesarias para garantir o correcto funcionamento do centro e o desenvolvemennto do proxecto educativo.
 
2. Introducir as reformas que sexan necesarias na normativa do centro para adaptar o modelo de intervención e educación ao perfil das rapazas e rapaces internos dotando o persoal dos protocolos necesarios para tal fin."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 13852 (11/PNC-001409)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun proceso de difusión pública en relación co proceso de vacinación contra a covid-19
BOPG n.º 123, do 13.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a activar un proceso de difusión pública dos grandes e positivos resultados da vacinación contra a Covid, da importancia do apoio e confianza nas institucións que o están a habilitar e a desenvolver una campaña de promoción da vacinación entre todos os colectivos que tamén conte coa participación de persoas coñecidas e recoñecidas do mundo científico, social, deportivo, cultural, económico, político e todos cantos ámbitos poidan contribuír."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina