A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 7 de abril de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 12941 (11/PNC-001323)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e seis deputados/as máis
Sobre o impulso por parte do Goberno galego de novas iniciativas e instrumentos de apoio económico ás pemes para introducir o deseño nas estratexias empresariais que permitan favorecer a recuperación da crise
BOPG n.º 115, do 24.03.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar novas iniciativas e instrumentos de apoio económico ás pemes, para introducir o deseño nas estratexias empresariais que permitan favorecer a recuperación da crise a través da utilización de ferramentas e metodoloxías de pensamento creativo que propicie a xeración de novo valor en produtos, servizos e modelos de negocio máis sostibles e máis dixitais."