A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 13 de abril de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 6 de abril de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Solicitude de creación dunha comisión de investigación, proposta polos 19 deputados e deputadas do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre a participación do PPdeG no financiamento ilegal e na "caixa B" do Partido Popular (doc. 13804, 11/SCI-000005)
Punto 2. Texto lexislativo
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (doc. núm. 11910, PPL-000006)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 03.03.2021
Punto 3. Comparecencias
3.1 13844 (11/CPP-000049)
Do conselleiro de Sanidade, a petición propia, para informar sobre a evolución da incidencia da pandemia en Galicia no relativo á situación epidemiolóxica e asistencial e aos avances no Plan galego de vacinación fronte á covid-19
3.2 13801 (11/CPP-000048)
Do conselleiro do Medio Rural, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuacións do seu departamento e actuacións en relación coa evolución da covid-19
Punto 4. Mocións
4.1 13643 (11/MOC-000034)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación do sector eólico en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 8063, publicada no BOPG n.º 83, do 27.01.2021, e debatida na sesión plenaria do 23.03.2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
4.2 13656 (11/MOC-000035)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo en relación con causas seguidas na Audiencia Nacional. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 2842, publicada no BOPG n.º 27, do 07.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 23.03.2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
4.3 13658 (11/MOC-000036)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos prezos do alugueiro de vivenda en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 3673, publicada no BOPG n.º 33, do 21.10.2020, e debatida na sesión plenaria do 23.03.2021)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 9291 (11/PNP-000930)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e González Albert, María
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia coa finalidade do recoñecemento do Bierzo como provincia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 88, do 03.02.2021
5.2 10804 (11/PNP-001062)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da encomenda da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia, na ría de Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
5.3 12381 (11/PNP-001220)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos recoñecementos do grao de discapacidade revisados nos anos 2019 e 2020 e as valoracións telefónicas que se están a realizar para a súa obtención
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 17.03.2021
5.4 13553 (11/PNP-001319)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia e as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa proposta de eliminación das patentes dos produtos que hai para a loita contra a covid-19 e a adquisición das vacinas que superasen os preceptivos controis sanitarios
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
5.5 13599 (11/PNP-001325)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co sector mar-industria-alimentario
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
5.6 13636 (11/PNP-001332)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sanz Arias, Cristina e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da covid-19
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
Punto 6. Interpelacións
6.1 13127 (11/INT-000747)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co acoso escolar
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
6.2 13205 (11/INT-000749)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coas novas plantacións de eucalipto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
6.3 13407 (11/INT-000758)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a política do Goberno galego en relación co encaixe no marco legal do Estado da modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
Punto 7. Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta
7.1 13834 (11/POPX-000025)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a posición do Goberno galego respecto do acordo dun plan de reforzo do sistema de vacinación de Galicia
7.2 13835 (11/POPX-000026)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a contribución concreta que fai á defensa dos intereses de Galicia a posición do Goberno galego diante do Goberno central
Punto 8. Preguntas ao Goberno
8.1 12701 (11/POP-001753)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e 2 máis
Sobre a distancia mínima entre os muíños e as vivendas reflectida no proxecto eólico promovido pola empresa Green Capital Power en Troitomil, no concellos da Baña e Negreira
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 24.03.2021
8.2 12747 (11/POP-001759)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a necesidade de realizar un estudo e unha avaliación conxunta do impacto da construción de vinte e catro parques eólicos nos hábitats e especies de interese comunitario da serra do Suído e Alto Tea
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 24.03.2021
8.3 13803 (11/PUP-000169)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos
Sobre as previsións da Xunta de Galicia referidas ao impulso dun gran acordo de país respecto dos fondos Next Generation baseado na transparencia e no diálogo
8.4 12779 (11/POP-001765)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 3 máis
Sobre os obxectivos marcados no Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 24.03.2021
8.5 11535 (11/POP-001684)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Suárez Sarmiento, María Elena e 7 máis
Sobre os proxectos que vai acometer o Goberno galego para mellorar o saneamento de Vilagarcía de Arousa e apoiar o Concello no desenvolvemento das súas competencias municipais na materia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
8.6 13816 (11/PUP-000171)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes
Sobre a xestión que vai levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa venda de terreos do porto da Coruña
8.7 11238 (11/POP-001595)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre o balance que fai o Goberno galego do funcionamento da Cidade da Cultura de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
8.8 8978 (11/POP-001272)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre a alternativa prevista polo Goberno galego para garantir a supervivencia da planta de Alu Ibérica da Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 88, do 03.02.2021
8.9 13729 (11/PUP-000168)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 7 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do recurso de inconstitucionalidade anunciado polo Goberno central contra a Lei 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2021
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente