A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 26 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 7729 (11/PNC-000849)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Ferro Iglesias, José Luis e sete deputados/as máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia para iniciar un proceso de participación e diálogo co tecido artístico e cultural e coas entidades locais de Lugo e Vigo para avanzar no proxecto de creación de sedes do Centro Galego de Arte Contemporánea en ambas as cidades
BOPG n.º 79, do 20.01.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar un proceso de participación e diálogo co tecido artístico e cultural e coas entidades locais de Lugo e Vigo para avanzar no proxecto de creación de sedes do CGAC en ambas cidades.»
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 5824 (11/PNC-000698)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e tres deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa adaptación á lexislación vixente en materia patrimonial e ambiental das obras de execución do Proxecto de acondicionamento e mellora da conectividade das marxes do río Xares ao seu paso polos núcleos de Xares, Ponte e Baños, na Veiga
BOPG n.º 56, do 02.12.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento insta a Xunta de Galicia a adoptar as medidas pertinentes para que as obras de execución do "proxecto de acondicionamento e mellora da conectividade das marxes do río Xares ao seu paso polos núcleos de Xares, Ponte e Baños na Veiga" se axusten á lexislación vixente en materia patrimonial e ambiental, en caso de non ser así, impoñer as sancións pertinentes.»