saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 25 de marzo de 2021

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 25 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións

- 8582 (11/PNC-000904)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e sete deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para impulsar e desenvolver o Plan de mellora da atención no rural mediante a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais
BOPG n.º 82, do 26.01.2021

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar e desenvolver o Plan de mellora da atención non rural mediante a dinamización e modernización das Oficinas Agrarias Comarcais, garantindo que manteñan as súas función de dinamización e de asesoramento aos gandeiros e agricultores dotándoas dos medios materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento."

- 12116 (11/PNC-001235)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e seis deputados/as máis
Sobre a adopción por parte do Goberno galego das medidas oportunas para favorecer os investimentos das industrias lácteas en produtos de maior valor engadido
BOPG n.º 108, do 10.03.2021

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que adopte as medidas que sexan oportunas para favorecer os investimentos de industrias lácteas en produtos de maior valor engadido."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina