saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 15 de xaneiro de 2021

 
A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 15 de xaneiro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 4735 (11/PNC-000560)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co desenvolvemento e coa cooperación transfronteiriza entre España e Portugal
BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
Sométese a votación por puntos:

 
1º) Puntos 1, 3 e 4, que resultan aprobados por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións

 
2º) Punto 2, que resulta aprobado por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a reivindicar a
ante o Goberno de España:

 
1. Un enfoque ambicioso e concreto na relación con Portugal que minimice os chamados "costes de contexto transfronterizo" para acadar un desenvolvemento económico e social óptimo dunha área especialmente castigada polo longo peche da frontera a pasada primavera.

 
2. Que a Estratexia Común para o Desenvolvemento Transfronterizo (ECDT) aprobada na XXXI Cimeira Ibérica de Guarda sexa progresivamente ampliada con novos proxectos que redunden no crecemento socioeconómico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal así como en toda a frontera hispano-portuguesa.

 
3. Que Galicia participe activamente no mecanismo de seguimento das decisión adoptadas en Guarda, previsto nas Conclusións da Cimeira.

 
4. Que, consonte coa Lei 25/2014, de 27 de novembro, de Tratados e outros Acordo Internacionais, Galicia participe na celebración do Tratado de Amizade e Cooperación entre España e Portugal renovado, que responda á crecente densidade e profundidade das relacións bilaterias, previsto
tamén polas Conclusións da cimeira de Guarda".
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 4737 (11/PNC-000561)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Xustiza para rebaixar a taxa de interinidade do persoal da Administración de xustiza
BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"1. O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Xustiza para que adopte as medidas necesarias que permitan reducir a taxa de interinidade do persoal en xulgados, tribunais e fiscalías, procedendo á aprobación da oferta de emprego público para o persoal da Administración de xustiza, e en canto sexa posible con todas as garantías sanitarias á inmediata execución dos correspondentes procesos selectivos.
 
2. Asemade o Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
a) Proceder a cobertura de todas as Baixas que, por incapacidade temporal, se produzan na Administración de Xustiza en Galicia nos corpos de auxilio, tramitación e xestión, conforme ao procedemento establecido nas normas.

 
b) A, sen mingua dos postos de traballo e previa deliberación coas organización sindicais, reducir a temporalidade do persoal ao servizo da Administración Pública Galega".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina