Santiago, 19 de outubro de 2020.- O comisario xefe da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, Jorge Manuel Rubal Pena, efectuou hoxe unha visita protocolaria ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
Durante a reunión, que se produce pouco despois da toma de posesión de Rubal Pena como responsable da Policía Autonómica, o presidente do Parlamento desexoulle éxito neste novo cometido e expresoulle o seu agradecemento polo labor que desenvolven os axentes da unidade.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.