A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 12 de decembro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 59236 (10/PNC-004724)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación cos seus programas de inclusión social dos colectivos máis vulnerables
BOPG n.º 569, do 27.11.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 4 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado o reforzó dos seus programas para a inclusión social dos colectivos máis vulnerables, en particular:
1. Recuperando as axudas para a atención e a acollida de menores estranxeiros non acompañados en Galicia.
2. Incrementando as contías destinadas ao Plan Concertado e ao Plan de desenvolvemento xitano para poder atender a demanda actual de servizos sociais."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 57139 (10/PNC-004535)
Grupo Parlamentario Grupo Común da Esquerda
Solla Fernández, Eva
Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para o cumprimento do Acordo parlamentario do 28 de maio de 2019 referido á regulación das funcións dos técnicos de enfermaría e da disposición transitoria terceira do Estatuto básico do empregado público
BOPG n.º 547, do 16.10.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a realizar as xestións necesarias para dar cumprimento ao acordo acadado o 28 de maio de 2019 no Parlamento de Galicia, no que se recollía o seguinte texto:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno central que solicite ao Consello Interterritorial de Saúde estudar a regulación das función dos e das profesionais afectados polo artigo 76 do EBEP para adaptar a normativa existente respecto ao marco normativo de titulacións vixente na actualidade, dentro do principio de lealdade institucional, coa garantía do seu financiamento."