saltar ao contido

Santalices anima ao Instituto Atlántico do Seguro a utilizar as ferramentas de participación cidadá do Parlamento

Integrantes da Fundación Inade visitaron o Parlamento de Galicia coincidindo co seu décimo aniversario
 
Santiago, 21 de outubro de 2019.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, animou hoxe aos integrantes da Fundación Inade Instituto Atlántico do Seguro a facer uso das diferentes iniciativas de participación cidadá habilitadas pola Cámara galega para trasladar as súas propostas e inquedanzas.
 
Santalices Vieira recibiu esta mañá a unha delegación da Fundación Inade, Instituto Atlántico do Seguro, que visitaron o Parlamento de Galicia no marco da conmemoración do décimo aniversario desta organización.
 
O presidente da Cámara felicitou a Fundación Inade polo seu labor e animou aos seus integrantes a continuar divulgando e impulsando a cultura do seguro, as boas prácticas e a transparencia.
 
Durante o encontro, o presidente do Parlamento agradeceu a visita da Fundación Inade e explicoulle as diferentes iniciativas impulsadas polo Lexislativo galego para dar a coñecer o seu labor á sociedade. Puxo como exemplo o programa da visitas guiadas, as portas abertas que se celebran todos os luns ou as iniciativas dirixidas ao estudantado galego. Ao tempo, insistiu en que o Parlamento “quere estar na rúa, nas empresas, na universidade, nas asociacións, no tecido asociativo” porque, afirmou, “somos unha institución con vocación de escoita”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina