A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 9 de abril de 2019, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de abril de 2019, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Debate e votación do Ditame, emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre o Proxecto de lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (doc. núm. 44223,10/PL-000012)
Publicación do ditame da comisión, BOPG n.º 454, do 02.04.2019
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario de En Marea, de renda social galega (doc. núm. 46311, 10/PPL-000034)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 434, do 20.02.2019
Punto 2. Comparecencia
48487 (10/CPP-000098)
Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, por petición propia, para informar sobre a situación que está a atravesar a industria en Galicia
Punto 3. Mocións
3.1 48321 (10/MOC-000135)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co emprego no sector do telemárketing. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 47129, publicada no BOPG n.º 441, do 06.03.2019, e debatida na sesión plenaria do 26.03.2019)
3.2 48332 (10/MOC-000136)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención primaria da saúde. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 46711, publicada no BOPG n.º 441, do 06.03.2019, e debatida na sesión plenaria do 26.03.2019)
3.3 48353 (10/MOC-000137)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre as medidas que debe desenvolver a Xunta de Galicia no ano 2019 para a mellora da atención primaria no Sistema público de saúde. (Moción consecuencia da Interpelación n.º 47099, publicada no BOPG n.º 441, do 06.03.2019, e debatida na sesión plenaria do 26.03.2019)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 42462 (10/PNP-003196)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia conxuntamente coas tres universidades de Galicia para revisar o actual sistema de taxas académicas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
4.2 43484 (10/PNP-003250)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego diante da situación da sanidade pública galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
4.3 46671 (10/PNP-003503)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa independencia dos cargos públicos, co réxime de incompatibilidades, cos conflitos de interese, coas portas xiratorias e cos posible casos de enriquecemento ilícito nas institucións autonómicas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 437, do 27.02.2019
4.4 46917 (10/PNP-003525)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a declaración de impacto ambiental que debe emitir o Goberno galego en relación co proxecto de reapertura da mina de Touro
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
4.5 47818 (10/PNP-003612)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 3 máis
Sobre as xestións que debe realizar o Goberno galego diante do Goberno central en relación coa aplicación do superávit orzamentario das comunidades autónomas e dos incentivos previstos na disposición adicional 151 da Lei de orzamentos xerais do Estado, así como a actuación que debe levar a cabo para o impulso dun plan anual de mellora da atención primaria da saúde
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 27.03.2019
4.6 47995 (10/PNP-003627)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa prórroga da concesión outorgada a Ence nos terreos de dominio público marítimo-terrestre de Lourizán, na ría de Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 27.03.2019
4.7 48070 (10/PNP-003633)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 14 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento en relación co Plan director para o corredor Atlántico presentado o 20 de febreiro en Madrid.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 450, do 27.03.2019
4.8 48111 (10/PNP-003635)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Moreira Ferro, Jacobo e 16 máis
Sobre a posición e as demandas que debe trasladar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa decisión da Avogacía do Estado de avirse nos recursos interpostos contra o acordo de prórroga da concesión de Ence nos terreos de Lourizán, en Pontevedra, así como sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación cos seus traballadores.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 450, do 27.03.2019
Punto 5. Interpelacións
5.1 29769 (10/INT-000977)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa creación de escolas públicas infantís de 0 a 3 anos nos polígonos industriais e parques empresariais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
5.2 31757 (10/INT-001058)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
Sobre a política laboral da Xunta de Galicia en relación co dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 316, do 06.06.2018
5.3 43462 (10/INT-001432)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a política do Goberno galego en materia de mellora da atención primaria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 417, do 23.01.2019
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 48467 (10/POPX-000139)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre as razóns do incumprimento da normativa vixente en materia de transparencia
6.2 48481 (10/POPX-000140)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a incidencia do centralismo para o desenvolvemento de Galicia
6.3 48482 (10/POPX-000141)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a situación na que se atopa o compromiso do Goberno galego respecto das residencias de persoas maiores
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 42134 (10/POP-004895)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 7 máis
Sobre as medidas da Xunta de Galicia destinadas a garantir o abastecemento de auga
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 14.01.2019
7.2 42696 (10/POP-005014)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
Sobre as previsións do Goberno galego en relación coas obras en centros educativos da rede pública galega para este exercicio orzamentario
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 414, do 18.01.2019
7.3 45387 (10/POP-005417)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da situación da atención sanitaria na comarca do Condado-Paradanta, no que atinxe aos centros de saúde das Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario e Ponteareas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 430, do 13.02.2019
7.4 47467 (10/POP-005666)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva e Cal Ogando, Marcos
Sobre a elaboración pola Consellería de Sanidade dalgún plan para a protección da saúde humana en relación coa contaminación por lindano
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 444, do 13.03.2019
7.5 48474 (10/PUP-000239)
Grupo Parlamentario de En Marea
Miranda Pena, Flora María
Sobre as actuacións previstas pola Consellería de Sanidade para o deseño dun plan para abordar a situación da atención á saúde mental en Galicia
7.6 48480 (10/PUP-000240)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as razóns dos atrancos que está a poñer o Sergas para a construción canto antes do centro de saúde de Moaña
7.7 46815 (10/POP-005582)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máis
Sobre a execución da partida ou das partidas orzamentarias destinadas nos anos 2017 e 2018 ao plan para fixar poboación no rural elaborado pola Consellería do Medio Rural e cofinanciado con fondos europeos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
7.8 47943 (10/POP-005722)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da resposta do comisario de Medio Ambiente da Comisión Europea a unha pregunta dunha eurodeputada galega en relación co posible aumento da superficie forestada con eucalipto en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 450, do 27.03.2019
7.9 48458 (10/PUP-000238)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Fernández, Raúl e Pérez Seco, José Manuel
Sobre as consecuencias da vaga de lumes rexistrada en Galicia no primeiro trimestre de 2019
7.10 46881 (10/POP-005599)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rey Varela, José Manuel e 9 máis
Sobre a existencia dalgún contacto doutras administracións coa Consellería do Mar para o asinamento dun convenio ou colaboración para a implantación de melloras produtivas na ría de Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 441, do 06.03.2019
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2019
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente