A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 14 de decembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 20986 (10/PNC-001716)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
Sobre a planificación e programación pola Xunta de Galicia das iniciativas precisas para a celebración no ano 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 222, do 04.12.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a planificar e programar as iniciativas precisas para celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural en 2018, mediante accións que permitan promover o debate e sensibilizar a sociedade galega arredor da importancia e valor do patrimonio cultural galego; e transmitir os valores da diversidade e do diálogo intercultural”.