Santiago, 5 de decembro de 2017.- Deputados e deputadas da Cámara participaron este mediodía, durante un receso do Pleno do Parlamento, no acto de descubrimento dunha placa conmemorativa do XX aniversario da morte de Miguel Ángel Blanco, asasinado por ETA, e das veciñas e veciños de Santiago de Compostela e de todas as persoas vítimas do terrorismo. O acto foi convocado polo Concello de Santiago de Compostela na Praza da Constitución, situada ao carón do Pazo do Hórreo.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.