saltar ao contido

Acordo da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 23-11-2017

A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 23 de novembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 18211 (10/PNC-001484)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas solicitudes de autorización presentadas por Gas Galicia para a execución do proxecto de substitución do gas propano nos barrios ferroláns de Caranza e Esteiro e o pechamento das instalacións da planta da urbanización de Caranza, así como a garantía dos dereitos das persoas consumidoras dese gas en Ferrol
BOPG n.º 191, do 11.10.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia acorda instar ao Goberno galego a que no procedemento administrativo que se está instruíndo para a transformación de Gas Licuado Propano e Gas Natural nas redes de distribución de gas dos barrios de Caranza e Esteiro, a instancia da empresa Gas Galicia SDG S.A., se leven a cabo as actuacións oportunas para determinar a viabilidade xurídica de condicionar a resolución a que os actuais subministros de GLP se manteñan durante o tempo que o titular decida."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina