A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 21 de novembro de 2017, ás 10:00 hs., no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de novembro de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre o establecemento dun rexistro diario da xornada de traballo nas empresas (doc. núm. 10538, 10/PPLC-000005)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 134, do 23.06.2017
Punto 2. Comparecencias
19874 (10/CPP-000042)
Do Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por petición propia, para informar das novas propostas de coordinación en materia de emerxencias
Punto 3. Mocións
3.1 20099 (10/MOC-000055)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación coa xestión do monte, a prevención e loita contra os incendios forestais e a xestión do director xeral de Ordenación Forestal respecto da vaga de lumes. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 19139, publicada no BOPG n.º 199, do 24.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 07.11.2017)
3.2 20100 (10/MOC-000056)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de prevención e loita contra os incendios forestais e a xestión levada a cabo pola Consellería do Medio Rural ao respecto. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 19039, publicada no BOPG n.º 199, do 24.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 07.11.2017)
3.3 20114 (10/MOC-000057)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Quiroga Díaz, José Antonio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa prevención dos incendios forestais. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 18688, publicada no BOPG n.º 195, do 18.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 07.11.2017)
Punto 4. Proposicións non de lei
4.1 14121 (10/PNP-001164)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula e 13 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para trasladar ao Goberno do Estado a necesidade de modificación da Lei xeral da Seguridade Social para mellorar a situación das persoas afectadas pola xubilación anticipada
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 165, do 30.08.2017
4.2 17218 (10/PNP-001298)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dos medios necesarios para posibilitar o acceso gratuíto da cidadanía a todas as catedrais que recibiron nalgún momento achegas económicas de carácter público
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017
4.3 17688 (10/PNP-001320)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa e 4 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa aplicación das medidas reflectidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017
4.4 19444 (10/PNP-001438)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do impulso das medidas necesarias para a celebración o 6 de decembro de 2018 do cuadraxésimo aniversario da Constitución española de 1978, así como a posición do Parlamento de Galicia en relación cos actos conmemorativos que están a promover e coordinar as Cortes Xerais para a súa celebración
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203, do 31.10.2017
4.5 19565 (10/PNP-001447)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da xestión que se está a levar a cabo en relación coa situación política en Cataluña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 207, do 08.11.2017
4.6 19594 (10/PNP-001452)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia, en cumprimento do artigo 14 da Lei 11/2007 e en colaboración coas universidades públicas galegas, das actuacións necesarias para garantir a incorporación dunha materia específica para a formación en prevención e atención á violencia de xénero no ámbito do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 207, do 08.11.2017
4.7 19622 (10/PNP-001454)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Villares Naveira, Luis
Sobre a creación pola Xunta de Galicia dunha oficina anticorrupción onde se poidan denunciar, de xeito anónimo, posibles casos de corrupción no sector público galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 207, do 08.11.2017
4.8 19744 (10/PNP-001465)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Míguez, María Ángeles e 14 máis
Sobre a intensificación pola Xunta de Galicia da colaboración coas entidades locais integrantes da Rede de concellos en contra da violencia de xénero, para acadar unha maior efectividade dos recursos e desenvolver de xeito conxunto actuacións nos ámbitos da sensibilización e prevención, información, formación e asistencia ás vítimas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 207, do 08.11.2017
Punto 5. Interpelacións
5.1 18979 (10/INT-000617)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa situación do persoal sanitario do Sergas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
5.2 19022 (10/INT-000620)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e 4 máis
Sobre o sector conserveiro e o emprego no mesmo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 24.10.2017
5.3 19254 (10/INT-000637)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a política do Goberno galego en materia de atención ás emerxencias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 204, do 02.11.2017
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
6.1 20180 (10/POPX-000058)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre o cumprimento da normativa vixente na loita contra o terrorismo machista
6.2 20196 (10/POPX-000059)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a avaliación da política desenvolvida polo Goberno galego en materia de reforma de estruturas forestais
6.3 20202 (10/POPX-000060)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre as razóns da incapacidade das políticas da Xunta de Galicia para trasladar o incremento nominal do PIB galego á diminución da desigualdade social e a precariedade ou a mellora dos servizos públicos
Punto 7. Preguntas ao Goberno
7.1 18046 (10/POP-002196)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e 3 máis
Sobre as medidas que está a pór en marcha o Goberno galego para previr e erradicar os asasinatos de mulleres a consecuencia da violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 191, do 11.10.2017
7.2 19304 (10/POP-002304)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e 2 máis
Sobre o exercicio das funcións de xefe de redacción dos informativos da Radio pública galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 204, do 02.11.2017
7.3 20200 (10/PUP-000120)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a colaboración que está a ofrecer a Xunta de Galicia as entidades locais para a celebración o 25 de novembro do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, co fin de acadar unha maior efectividade dos recursos nos ámbitos da sensibilización, da prevención e da asistencia ás vítimas
7.4 20201 (10/PUP-000121)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre o prazo previsto pola Xunta de Galicia para a retirada da campaña publicitaria titulada "O máis grande de Galicia non se maltrata"
7.5 18668 (10/POP-002250)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 6 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da redacción do proxecto e avaliación ambiental do alongamento do acceso ao porto seco de Monforte ata a N-120
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 195, do 18.10.2017
7.6 19527 (10/POP-002329)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da consignación, para o ano 2018, dunha partida orzamentaria específica para a reforma do Hospital Provincial de Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 207, do 08.11.2017
7.7 17351 (10/POP-002149)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as medidas específicas que vai adoptar o Goberno galego en relación coa situación extrema de seca que padece o sector primario de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 05.10.2017
7.8 20177 (10/PUP-000118)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Quiroga Díaz, José Antonio e Pérez Seco, José Manuel
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación coa contratación dos helicópteros para a loita contra incendios das campañas de 2011, 2012 e 2013
7.9 20199 (10/PUP-000119)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da garantía dunha protección suficiente das costas de Galicia fronte a unha situación similar á catástrofe do Prestige coas actuacións levadas a cabo desde hai quince anos
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente