A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 1 de agosto de 2017, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 28 de xullo de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto único: Debate e votación do límite de gasto non
financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, ao que se refire o artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira (doc. núm. 13283, 10/LGNF-000002)
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente