Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 2670 (10/PNC-000277)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para a redacción do novo Plan forestal de Galicia tendo en conta as directrices do Consello Forestal de Galicia
BOPG n.º 43, do 12.01.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que na redacción do novo Plan Forestal de Galicia se sigan as directrices consensuadas polo Consello Forestal de Galicia."