Santiago, 8 de setembro de 2016.- Un grupo de xoves políticos mexicanos que se atopan de visita en Galicia desprazáronse esta mañá ao Parlamento autonómico, onde mantiveron unha xuntanza de traballo co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
Durante o encontro, o presidente do Parlamento de Galicia explicoulles o funcionamento da primeira institución da Comunidade Autónoma e respondeu ás preguntas dos participantes no encontro.
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.